Mostrando entradas con la etiqueta avisos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta avisos. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de junio de 2020

INSTRUCIÓNS EN RELACIÓN CO MATERIAL DO ALUMNADO


RECOLLIDA DO MATERIAL QUE QUEDOU NAS AULAS

Alumnado de 1º, 3º e 5º: non ten que recoller nada. Queda na mesma aula para o vindeiro curso.

Alumnado de 2º e 4º: pode vir a recollelo a partir do día 23, vindeiro martes, en horario de 9:00 a 14:00 h. 
As familias de 4º, poden aproveitar para devolver os libros de texto que teña o alumnado nas súas casas.


DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º: ten que devolver os libros de texto do fondo solidario tamén a partir do día 23. É imprescindible a devolución destes libros para que poidan acceder ás axudas ás que poideran ter dereito.
Poden facer doazón ao centro daqueles libros propios para que poidan ser empregados por outro alumnado.


DEVOLUCIÓN DE ORDENADORES

O alumnado que está utilizando ordenadores do centro ten que proceder á súa devolución antes do día 30 de xuño.


Grazas!


AVISO PARA AS FAMILIAS DE NOVA MATRÍCULA NO COLEXIO


Informámoslles de que
o alumnado proveniente da Escola de Infantil do Milladoiro e as novas incorporacións,
deben entregar no colexio
o Impreso de Formalización de Matrícula 
entre os días 1 e 10 de xullo.


miércoles, 20 de mayo de 2020

AVISO IMPORTANTE


O centro permanecerá pechado mañá e pasado mañá, días 21 e 22 de maio de 2020,
por ser días non lectivos coincidentes coa celebración da Ascensión.

Estaremos alí de novo o luns 25 de maio.


viernes, 15 de mayo de 2020

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO QUE VÉN DA ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL




Obteñan aquí abaixo o impreso para a recollida de datos familiares.



viernes, 8 de mayo de 2020

MATRÍCULA DO ALUMNADO DE 6º PARA O CURSO 2020/2021



ATENCIÓN FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º:
MATRÍCULA PARA O VINDEIRO CURSO 2020-2021

O alumnado que ten reserva no IES MIlladoiro, non ten que facer nada ata o mes de xullo. 
Do 1 ao 10 de xullo, terá que confirmar a matrícula. 




O alumnado que se quere matricular noutro instituto, do 11 ao 18 de maio, ten que facer a solicitude de admisión. 
Despois, no mes de xullo (do día 1 ao 10), terá que confirmar a matrícula.


ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021


Está aberto o período de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2020/2021.

Prazo de solicitude: dende o día 11 ao 18 de maio de 2020.

Horario: de 9:00  a 14:00 h., de luns a venres.


Premede aquí para ver máis información.

miércoles, 1 de abril de 2020

NOVAS PARA AS FAMILIAS: ABALAR MÓBIL PARA MANTERSE INFORMADOS



A transmisión de información entre colexio e familias é un aspecto clave durante todo o proceso de formación do alumnado.

Nestes momentos, nos que nos atopamos rematando o segundo trimestre nunha situación excepcional, sen poder asistir ao colexio, sabemos que, naturalmente, ás familias vos preocupan as cualificacións dos vosos fillos e fillas.

É por iso que queremos mencionar aquí a posibilidade de consultar esta información a través do teléfono móbil, mediante a aplicación que nos ofrece a Xunta de Galicia,

abalarMóbil.

Podedes saber máis sobre a mesma premendo aquí.

Aquí, podedes acceder a varias guías que vos explican o funcionamento da aplicación.


E por suposto, se tedes calquera dúbida, poñédevos en contacto co centro por calquera destas vías:

teléfono: 649 490 083

correo electrónico: cep.ventin@edu.xunta.gal