Dende o Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias envíannos esta colección de fotos e vídeos para resumir as actividades realizadas pola festividade do Samaín.
Agardamos que vos gusten!
Queredes saber o que acontece no noso cole? Mirade por esta xanela e poderédelo ver. Benvidos ao blog do CEP de Ventín!
Dende o Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias envíannos esta colección de fotos e vídeos para resumir as actividades realizadas pola festividade do Samaín.
Agardamos que vos gusten!
Hoxe poñémoslle fin a un curso máis.
Un curso que empezou non sen certo temor pola situación vivida.
Un curso con dificultades que fomos superando con afán e perseveranza.
Un curso no que os nosos pequenos e pequenas se esforzaron en cada momento por manter alonxado ese virus que aínda nos ameaza.
Hoxe celebramos que remata, co noso festival virtual, preparado con gran ilusión para todos vós!
Agardamos que vos guste!!!
Feliz verán!!!
Como peche da semana das Letras Galegas, deixámosvos este vídeo preparado polo alumnado de 1º A e 1º E, que está inspirado no libro dos Bolechas "Todos os bebés son tu", dedicado a Xela Arias.
Tamén os nenos e nenas de 1º B queren compartir con nós as súas coplas, que cantan así de ben!
Velaquí o derradeiro dos contos, ilustrado por 3º A e narrado por 6º C.
Agardamos que vos guste!
Aquí vos deixamos outro conto preparado con motivo do
Día do Libro,
narrado por 6º D e ilustrado por 2º D!
Hoxe son os Booktubers de 5º B os que nos traen as súas recomendacións lectoras.
Non deixedes de velas!
Xa temos aquí o primeiro dos contos
preparados con motivo do Día do Libro,
escrito por 4º B e ilustrado por 1º C.
Aquí vos presentamos as recomendacións dos
booktubers de 5º D.
Agardamos que vos gusten!
Resultounos moi difícil a elección porque todas eran boísimas, pero... xa temos aquí as poesías gañadoras do Certame de Poesía de Primavera!
Parabéns e grazas a todas e todos pola vosa participación!
A vindeira semana continuaremos celebrando o mes do libro.
Prestade moita atención porque iremos subindo contos escritos e ilustrados por algúns dos vosos compañeiros e compañeiras.
Premede na imaxe e mirade que artistas temos en 5º de primaria...
Moitas grazas a todos os participantes!
Queredes saber como foi a nosa celebración do Día Internacional da Muller?
Aquí vos deixamos o vídeo resumo.
A biblioteca do cole e o equipo de dinamización da lingua galega, convocan este certame de poesía que nos presenta Tin, para todo o alumnado.
Premede na imaxe para poder ler mellor.
Continuando cos poemas de Rosalía de Castro,
o alumnado de 5º A, rapea "Xan".
Agardamos que vos guste!
Se estes días pasados puidemos desfrutar dos poemas de Rosalía de Castro, que tan ben recitastes, hoxe damos paso aos vosos contos!
E para comezar temos a Candela.
Parte do alumnado premiado
no "I Certame Ilustrado Rosalía de Castro",
participou no programa "Somos Ames",
presentado por Juan Luis Silva en Radio Ames.
Recitando este poema de Rosalía, Luana, de 3º C.