Mostrando entradas con la etiqueta Día contra a Violencia de Xénero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día contra a Violencia de Xénero. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de diciembre de 2020

AGRADECEMENTO AO CONCELLO

 Fai xa unhas semanas que felicitamos aquí ao alumnado de 6º E polo seu resultado no Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero, convocado pola Xunta de Galicia.

O pasado xoves 3 de decembro, o Concello de Ames, recibuiunos para darlles un agasallo estupendo por ser os premiados o 25 N.

Levaron unha sorpresa inmensa porque o seu lema estaba impreso nunhas bolsas e axendas estupendas.

Queren agradecer ao noso concello esta decicación e implicación no noso traballo.

Ese día tamén foron entrevistados por Radio Ames. Foi moi divertido!!! 

Seguen traballando...


 Para escoitar a entrevista, premede aquí.


viernes, 4 de diciembre de 2020

MENSAXES CONTRA A VIOLENCIA

 O pasado 25 de novembro celebramos o Dia contra a Violencia de Xénero.

Fai xa uns días que estamos vendo aquí algunhas mostras do traballo que fixemos en relación con este día.

Hoxe presentamos a derradeira destas mostras, pero non quere dicir que nos esquezamos do tema. 

Seguirémonos esforzando por erradicar calquera tipo de violencia.



martes, 1 de diciembre de 2020

5º CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

 O alumnado de 5º quérenos transmitir unha importante mensaxe.
 Mirade este vídeo que elaboraron para facelo.



jueves, 26 de noviembre de 2020

PARABÉNS PARA 6º E!

Moitísimos parabéns para a clase de 6º E 

polo 2º premio de 

LEMAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO,

convocado pola Xunta de Galicia, co motivo do 25 de novembro, DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO, e que ganaron co seu lema

"Se me controlas non me molas".

Lembrade que cada un de vós conta: Xiana, Yeilli, Aarón C, Ariadna, Dai, Tiago, Iker, Aitana, Sonia, Aarón M, Elías, Diego, Yago, Aroa, Brais, Iván, Xoel, Ramón e Ainhoa.


Logo de traballar varias semanas con diferentes lemas, tiñan claro o que querían significar. Expresaron que o máis iportante para eles é o tema do "control" e xogaron con esa palabra e coa "mirilla" dunha porta que representa esa mirada constante á que están sometidas as mulleres que sofren violencia de xénero.

Desbotaron outros lemas por ser moi longos e xogaron coa linguaxe para rematar collendo unha palabra que rimase, que non fose moi longa e que representase a súa idade. Tras votación democrática, elexiron "mola".

Agora tocaba darlle a ese lema “Se me controlas non me molas” , un sentido cunha imaxe que axudase a identificar máis o significado. Para relacionalo co tema do control, elexiron o ollo que, ademais, incrementa a sensación de control porque é a mirilla da porta por onde a muller se sinte observada, xulgada etc.; e a porta para representar algo infranqueable, que non pode nin debe acontecer, que non debe abrirse. E velaquí o resultado!



martes, 24 de noviembre de 2020

MÁIS SOBRE O 25-N

Tamén o alumnado de 4º B estivo traballando sobre esta data tan sinalada.

Aquí nos deixan estes vídeos a modo de resumo das súas reflexións.





lunes, 23 de noviembre de 2020

CONMEMORANDO O 25-N

As alumnas e alumnos de 6º E, reflexionan sobre o 25-N,

Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

Botádelle un ollo!