Velaquí o acontecido no noso festival de fin de curso!
Empezou co agradecemento e a entrega de diplomas para os mediadores, que teñen unha labor tan importante na convivencia do cole.
Eles foron Alba (5º A), Rosa (5º B), Asier (5º D), Natalia (5º E), Jesús (6º A), Iago (6º D), Martina Crespo (5º C), Martina Bretaña (6º C) e Sara (6º A).
Despois disto, demos paso ás actuacións.
Máis abaixo están os vídeos, e se picades aquí, as fotos.
Con elas decímosvos adeus ata setembro!
Desfrutade moito das vacacións
e aproveitade para facer o que máis vos gusta!
Carolina e Nasira, de 2º A; Candela, de 3º C; Azahara e Miguel de 3º D; Sonia e Aitana, de 4º D; Triana, de 5º A; Quique, de 5º B; David de 5º E; Naiara, de 5º D; Rebeca, de 6º C e Sulamita, de 6º D.
A semana pasada tivemos o patio cuberto cheo de xogos populares!
Tróuxoos a empresa "Os Biosbardos", contratada polo cole, e todos os cursos dispuxeron dunha sesión para desfrutar dos mesmos.
Pero non só nos trouxeron xogos, senón tamén un contacontos co que tratamos o tema do acoso escolar.
Hoxe foi, para os nosos rapaces, o derradeiro día deste curso.
Día de risos e de bágoas; de ledicia, pero tamén de certa tristura polas despedidas.
Hoxe despedímonos deles, pero nós non rematamos aínda.
Seguiremos aquí a próxima semana para amosarvos algunhas actividades máis destes últimos días, e como non, as fantásticas actuacións coas que hoxe lle puxemos punto final a este curso.
Agora, deixámosvos as recomendacións lectoras da biblioteca.
Lembrade ler un pouquiño este verán, ademais de descansar, xogar e pasalo xenial!
Tamén vos deixamos o boletín das bibliotecas da contorna de Ames, para que poidades saber máis das súas actividades.
A clase de 4º B recibiu esta semana a visita de Xulio Pardo, mestre da Universidade da Coruña, que ten traballado sobre o tema escollido polos nosos rapaces dentro do proxecto de centro: a relación entre a lenda arousana de "Mariña" con outras lendas europeas, do que vos falamos aquí fai uns días.
Unha maneira xenial de poñerlle final á actividade!
A Voz de Galiciataménestivo alí para documentar o momento do encontro. Picade na imaxe para ler a nova.
Hoxe celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, para facer fincapé na importancia que ten a conservación do medio para a vida na Terra.
Nos medios de comunicación, fálannos a diario do medio ambiente.
Mágoa que case sempre sexa para dar malas noticias ou para lembrar a penosa situación na que se atopa hoxe en día: toneladas de plástico nos mares, aire irrespirable nalgunhas cidades, desxeo dos polos, incendios, tala e desaparición de bosques, desaparición de especies animais...
Que podemos facer nós para evitar que isto vaia a máis?
Os máis poderosos na loita contra a contaminación son, sen dúbida, os gobernos. Eles teñen nas súas mans desenvolver as leis necesarias para frear as emisións de gases e outros tipos de accións contaminantes arredor de todo o mundo.
Á rapaza que vedes máis abaixo, ocorréuselle que se podía manifestar diante do parlamento do seu país, Suecia. É Greta Thunberg, unha moza que en 2018 comezou a protestar así, para pedir que o seu goberno reducira as emisións de gases nocivos.
A súa protesta coñeceuse a nivel internacional, ela fíxose moi coñecida, e deu lugar a que moitos estudiantes de todo o mundo se manifesten en distintos lugares.
Pero non é preciso que todos fagamos cousas coma esta para evitar que a situación do medio ambiente empeore.
Cada un de nós pode facer moito se entede isto:
Non importa o pequena que sexa a nosa axuda, todo conta. Se sumamos moitas pequenas accións, o resultado será enorme!
Un exemplo:
Escribir polos dous lados dos folios, así non gastamos papel de xeito innecesario, e non se talarán tantas árbores.
Seguro que vós tedes moitas ideas máis. Compartide algunha con nós aquí abaixo.
Nós tamén queremos compartir a nosa.
Recoñecedes o lugar cheo de lixo que vedes nestas imaxes?
É o noso cole, e querémosvos pedir que en lugar de tirar o lixo ao chan, empreguedes as papeleiras.
É triste ver que cada día despois do recreo, os patios quedan cheos de residuos como envases varios e restos de comida.
Imos lembrar de novo aos premiados do noso centro no XI Certame Artístico-Literario Intercentros do concello de Ames, pois queremos que todos coñezades as preciosas creacións que os fixeron ser ganadores.
Despois de festexar os Maios, chegoulle a quenda ás Letras Galegas.
Foi unha celebración ben completiña!
Para comezar, recibimos a visita da asociación cultural Retranqueiros.
Gustounos especialmente, porque dela forman parte nenos e nenas do noso centro.
Tendo en conta a obra de Antonio Fraguas, presentáronnos unha fermosísima colección de traxes galegos coa que lucían así de guapos, e explicáronnos moitas cousas sobre os mesmos. Picade na imaxe para ver máis fotos.
Ademais, tivemos a sorte de velos cantar e bailar. Ollade aquí abaixo o ben que o fixeron.
Por se nos soubera a pouco, escoitade a estoutros artistas!
Despois das actuacións, foi momento de facer mención aos galardoados deste curso nas diferentes actividades nas que participamos. Foron os seguintes:
As participantes no certame "Superlíderes", que xa vos presentamos.
Os participantes no Certame Literario Intercentros, dos que xa vos falamos e dos que axiña vos contaremos algo máis.
Os participantes no Correlingua, dos que tamén vos falamos.
E para rematar, os ganadores do noso "Gran Xogo das Superparellas", que vos presentamos agora.
Eles son Adrián e Inés, de 6º A, que formaron a parella "5mentarios"; Diego e Mario, de 6º C, a parella "Grecia?"; e Julia e Fátima, de 5º B, as "Supercerebrillas".
A nosa celebracón o día 16, rematou coa interpretación do Himno Galego por parte de varios rapaces, dos profes Quique e Pablo, e tamén de Javier, papá de Erik de 5º C, a quen lle agradecemos moito a súa colaboración.
Ademais desta conmemoración do día 16, realizamos estoutras actividades:
Por unha banda, estes comecocos de Antonio Fraguas.
Xogando con eles, podemos coñecer a súa vida dende o nacemento atas os derradeiros anos!
Por outra, a participación na iniciativa "Ames, vila poética. Camiños de versos", promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do concello, en colaboración cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos.
E ata un photocall onde vernos cos traxes galegos!
A semana pasada estivemos de celebracións. Non só festexamos as Letras Galegas, os Maios tamén tiveron a súa festa no noso cole!
Foi un festexo do máis colaborativo, xa que coa aportación de todos, construímos un maio e unha alfombra fantásticos.
Uns recolleron fiúncho, outros trouxeron laranxas e limóns, uns formaron cadeas de flores, outros trouxeron ovos... e todos, todos, elaboraron montóns de flores de papel coas que fixemos a nosa alfombra floral.
E non quedou aí a cousa.
Tamén houbo cancións relacionadas coa tradición dos Maios, entre elas, unhas coplas compostas entre todos, nas que cada nivel ten a súa estrofa.
Con este quinto desafío, o Gran Xogo das Superparellas chegou á súa fin por este curso!
Coma sempre, podedes consultar aquí as solucións para aclarar dúbidas, se as tedes.
Na entrada están xa os resultados finais!
Noraboa aos que obtiveron máis puntos, aínda que eles non son os únicos que ganaron, pois seguro que a resolución das tarefas vos fixo pasar bos momentos cos vosos amigos, compartindo coñecementos e discurrindo xuntos.
Moitas grazas a todos os que participastes!
O valor das respostas é o seguinte:
Preguntas referidas ao número de músculos e ósos: 10 puntos cada unha.*
Formación de palabras e clasificación: 5 puntos cada unha.
* Queremos mencionar que o número de músculos que se considera que temos, pode variar segundo a fonte consultada.
Neste caso, a actividade pedía mirar o vídeo antes de contestar ás preguntas.
Se consultastes outra fonte de información e destes unha resposta diferente da anterior, considerámola válida, aínda a puntuación é inferior (5 puntos no lugar de 10), xa que a visualización do vídeo formaba parte da proba.