Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de febrero de 2026

TIN e a Paz en Grecia (3º B)

O alumnado de 3°B amosa o traballo sobre A Paz na AntIga Grecia baseada nun conto coa axuda da mascota Tin. Agardamos que vos guste!


 

domingo, 1 de febrero de 2026

Ventín enchese de luz e compromiso polo Día da Paz

O pasado 30 de xaneiro, o noso cole tinguiuse de branco e de esperanza para celebrar o Día da Paz. Durante toda a xornada, os corredores do centro foron a testemuña dun gran traballo colectivo no que cada aula elaborou o seu propio lema, cargado de mensaxes positivas e desexos de concordia. Estas frases quedaron recollidas nun gran mural comunitario, onde árbores cheas de corazóns e mans unidas lembran que a paz se constrúe entre todos e todas día a día.

A ambientación non quedou atrás, cunha decoración moi especial na que a nosa mascota da biblioteca, Tin, se converteu en embaixadora universal. Puidemos vela viaxando por todo o mundo, vestida con traxes típicos e amosando como se escribe a palabra "PAZ" en multitude de linguas. Para pechar esta celebración tan emotiva, unimos as nosas voces para cantar xuntos "De que che vale" de Jesús Pareja, unha canción que nesta ocasión serviu como un auténtico himno á convivencia e ao respecto. Foi, sen dúbida, un día para aprender que os pequenos xestos son os que fan posible un mundo mellor.






 

viernes, 30 de enero de 2026

DÍA DA PAZ

Dende o Equipo de biblioteca nos achegan etses fermosos vídeos onde o alumnado de 3º D nos recorda a importancia da conmemoriación do Día da Paz (30 de xaneiro) e repasa algunhas vidas de persoas ilustres relacionadas con esta conmemoración.

Moitos parabéns para esta clase por este gran traballo!

 



lunes, 3 de febrero de 2025

Lemas Día da Paz

Un ano máis velaquí temos os lemas seleccionados de entre todas as aulas para que votedes o voso favorito. Faládeo entre toda a clase e decidide o voso favorito, tedes toda a mañá de hoxe para facelo. As votacións pecharanse ás 14:20h

 



miércoles, 22 de enero de 2025

Recursos Día da Paz


Dende o equipo de Biblioteca nos achegan esta paxina web chea de recursos para conmemorar o Día da Paz o próximo xoves 30 de xaneiro.

Podedes acceder a ela a través do seguinte enlace.

lunes, 15 de enero de 2024

O NOSO LEMA DA PAZ 2024

Unha vez máis, os rapaces e rapazas do noso cole puxeron as súas cabeciñas a discorrer para crear un lema pola paz.

E ben que o fixeron, saíron uns lemas chulísimos!

Entre todos eles, seleccionáronse estes que vos presentamos, e agora toca escoller un deles


lunes, 23 de enero de 2023

DÍA DA PAZ 2023

Coma cada 30 de xaneiro, celebraremos o
Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
Desde aquí ofrecémosvos algúns recursos que permiten reflexionar sobre a realidade na que tristemente teñen que vivir algunhas persoas, co obxectivo de que pensemos tamén no que cada un de nós pode aportar para a paz no noso día a día.
















lunes, 1 de febrero de 2021

O TEU CAMIÑAR

Velaquí algo máis en relación co Día da Paz, creado polo alumnado de 4º B .




viernes, 29 de enero de 2021

DEBUXANDO LEMAS POLA PAZ

Fai uns días que lle pedimos ao noso alumnado a súa colaboración para escoller o noso Lema pola Paz 2021.

Pois aquí temos o resultado da votación, este é o lema escollido!



Por suposto, os demais lemas tamén teñen un lugar no cole e están recollidos neste gran mural que decora a entrada.


Vacínate pola paz!

jueves, 28 de enero de 2021

NOVAS DE TIN

 O noso ratiño da biblioteca ten novas para vós!

miércoles, 27 de enero de 2021

XUNTOS POLA PAZ


A data vaise achegando, e máis traballiños imos presentando!

Mirade aquí esta fantástica canción do alumnado de 3º e 4º.



 

martes, 26 de enero de 2021

PENSAMENTOS DE PAZ


O alumnado de valores de 6º E reflexionou moito sobre

o Día da Paz.

Agardamos que vos guste o vídeo que prepararon!


Música: Aida Saco
Texto: alumnos/as de valores de 6º E
Montaxe: mestra Rocío


viernes, 15 de enero de 2021

O NOSO LEMA POLA PAZ 2021

Unha vez máis, conmemoramos o Día da Paz que está próximo a chegar, creando un lema que manifeste o noso desexo de paz no mundo enteiro.

Esta semana, estiveron en marcha todas as cabeciñas para idear os lemas máis representativos da nosa ansia de paz.

Coma sempre, todos son xeniais, pero imos escoller un contando coa opinión de todo o cole.

Aquí temos tres seleccionados, agora toca que cada clase vote polo que máis lle gusta.

Lembrade que é un voto por aula, e adiante!

viernes, 31 de enero de 2020

A PAZ NO COLE


Como  sabemos, onte celebrouse o Día da Paz, e aínda que tratamos de fomentala decotío, estes días dedicóuselle un pouco máis de atención.

Poucos recunchos quedaron no cole nos que non se fixese referencia a este valor tan importante.



Enorme como o noso desexo de paz, quedou o mural no que todos estamos presentes dalgún xeito.




Na biblioteca, preparáronnos esta escolma de libros que agardamos que vos gusten.


E en cada aula, realizáronse diversas actividades. Nesta de 4º D, cadaquén escolleu unha palabra que lle evocase a paz, para xuntos construír con elas un muro simbólico e estar sempre protexidos.
Aquí temos ao alumnado con Noemí, a mestra en prácticas que os vai acompañar durante unha tempada.



viernes, 24 de enero de 2020

O BARCO DA PAZ


Aquí o temos!
Presentámosvos o lema pola paz do CEP de Ventín do presente curso.




Non é ben certo que cando hai paz sempre se chega a bo porto?
Pois eso, que nunca se afunda o noso barco!




martes, 21 de enero de 2020

NA PROCURA DO LEMA POLA PAZ


Cando falamos de paz, todos estamos do máis implicado.

Como proba, esta escolma dos lemas que novamente ideamos entre todos, xa que, aínda que queremos paz todos os días, xa falta pouco para que celebremos o Día da Paz.

Foron moitos e moi bos, pero agora toca decantarse por un.



















Escollede un por aula, botade por el aquí abaixo, e non vos esquezades de dicirnos que aula sodes.


martes, 29 de enero de 2019

A PAZ

Como puidestes ver, levamos xa un tempiño traballando sobre a paz. 
Xa tiñamos o noso lema... e agora temos tamén a nosa canción!

Trátase da adaptación dunha versión de Roupa Nova da canción "Heal the World" de Michael Jackson.

                         



Aquí abaixo tedes a canción con pictogramas.

jueves, 24 de enero de 2019

EN FRANCÉS, LA PAIX


Seguindo co tema da paz, dende a área de francés presentámosvos esta canción de Kids United.


"On écrit sur les murs" , Kids United

miércoles, 23 de enero de 2019

O LEMA ESCOLLIDO É...

Xa temos o noso lema!

Que quede ben claro que neste cole queremos a paz para o mundo!




lunes, 21 de enero de 2019

ELECCIÓN DO NOSO LEMA POLA PAZ

Se en algo estamos todos de acordo é en que a violencia non nos gusta nada de nada. Por iso, de cara ao día da Paz 2019 que se aproxima, quixemos crear o Lema pola Paz do noso cole de Ventín.

Son moitas as boas ideas que xurdiron en cada clase, pero temos que escoller unha.

De entre todas as propostas, o equipo de dinamización da lingua galega recolleu estas; agora tócavos a vós votar pola que máis vos gusta.


.
Votade aquí abaixo, a decisión final é vosa!