Queredes saber o que acontece no noso cole? Mirade por esta xanela e poderédelo ver. Benvidos ao blog do CEP de Ventín!
Mostrando entradas con la etiqueta Gran Xogo das Superparellas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Gran Xogo das Superparellas. Mostrar todas las entradas
lunes, 16 de diciembre de 2019
martes, 14 de mayo de 2019
GRAN XOGO DAS SUPERPARELLAS: SOLUCIÓNS DO DESAFÍO Nº 5 E DESPEDIDA
Con este quinto desafío, o Gran Xogo das Superparellas chegou á súa fin por este curso!
Coma sempre, podedes consultar aquí as solucións para aclarar dúbidas, se as tedes.
Na entrada están xa os resultados finais!
Noraboa aos que obtiveron máis puntos, aínda que eles non son os únicos que ganaron, pois seguro que a resolución das tarefas vos fixo pasar bos momentos cos vosos amigos, compartindo coñecementos e discurrindo xuntos.
Moitas grazas a todos os que participastes!
O valor das respostas é o seguinte:
Preguntas referidas ao número de músculos e ósos: 10 puntos cada unha.*
Formación de palabras e clasificación: 5 puntos cada unha.
* Queremos mencionar que o número de músculos que se considera que temos, pode variar segundo a fonte consultada.
Neste caso, a actividade pedía mirar o vídeo antes de contestar ás preguntas.
Se consultastes outra fonte de información e destes unha resposta diferente da anterior, considerámola válida, aínda a puntuación é inferior (5 puntos no lugar de 10), xa que a visualización do vídeo formaba parte da proba.
Se consultastes outra fonte de información e destes unha resposta diferente da anterior, considerámola válida, aínda a puntuación é inferior (5 puntos no lugar de 10), xa que a visualización do vídeo formaba parte da proba.
lunes, 29 de abril de 2019
miércoles, 27 de marzo de 2019
GRAN XOGO DAS SUPERPARELLAS. SOLUCIÓNS DO DESAFÍO Nº 4.
Superparellas, como vos foi o cuarto desafío?
Agardamos que vos saíra xenial!
A puntuación outorgouse da seguinte maneira:
Clasificación de palabras: 2 puntos por cada palabra ben clasificada.
Pregunta: 10 puntos.
A solución da clasificación de palabras é esta:
E aquí está a pregunta que vos pediamos:
martes, 12 de marzo de 2019
GRAN XOGO DAS SUPERPARELLAS. DESAFÍO Nº 4
Con tanta celebración, tiñamos ás superparellas un pouco abandonadas, pero hoxe chega o desafío nº 4!
Vai de ciencias naturais.
Podedes participar ata o día 24 deste mes.
martes, 19 de febrero de 2019
GRAN XOGO DAS SUPERPARELLAS. SOLUCIÓNS DO DESAFÍO Nº 3
Velaquí as solucións do terceiro desafío.
Cada unha das tres cuestións tiña o seguinte valor:
Corrección das 4 palabras con erros:
1 palabra correxida: 2 puntos
2 palabras correxidas: 4 puntos
3 palabras: 6 puntos
4 palabras: 10 puntos
Sinónimo de porteira: 10 puntos
viernes, 1 de febrero de 2019
GRAN XOGO DAS SUPERPARELLAS. DESAFÍO Nº 3
Con todos vós... o desafío nº 3!!!
Vai de lingua galega e podedes participar ata o día 17 de febreiro.
A por el!
miércoles, 30 de enero de 2019
GRAN XOGO DAS SUPERPARELLAS. SOLUCIÓNS DO DESAFÍO Nº 2
Destes coa resposta acertada?
Moi ben!
Entón, conseguistes 10 puntos por cada resposta.
Se non é así, comprobade aquí cal foi o voso erro.
lunes, 14 de enero de 2019
GRAN XOGO DAS SUPERPARELLAS. DESAFÍO Nº 2
Rapaces, o segundo desafío vai de inglés!
De novo ten dúas partes.
Para responder ás preguntas, tedes que ler antes as pistas que vos dan para cada unha.
Ás veces, unha soa pista pódenos dicir varias cousas; recomendámosvos que vos fixedes moi ben!
E unha última cousa: coller lápiz e papel pódevos ser moi útil.
Podedes participar ata o 27 de xaneiro.
Podedes participar ata o 27 de xaneiro.
Lets go!
jueves, 20 de diciembre de 2018
GRAN XOGO DAS SUPERPARELLAS. SOLUCIÓNS DO DESAFÍO Nº 1
Xa están aquí as solucións do primeiro desafío!
E xunto con elas, chega a clasificación das Superparellas, que moi pronto poderedes ver aquí no blog. Polo de agora, tédela exposta na porta de entrada de 5º e 6º.
Respecto da clasificación, tende en conta que
cada resposta correcta vale 10 puntos
Comprobade agora se as vosas respostas foron acertadas ou non!
Se as vosas respostas foron correctas, noraboa!
E se non o foron, seguro que as próximas o serán, só tedes que pensar un chisquiño máis. Ánimo!
Se as vosas respostas foron correctas, noraboa!
E se non o foron, seguro que as próximas o serán, só tedes que pensar un chisquiño máis. Ánimo!
martes, 4 de diciembre de 2018
GRAN XOGO DAS SUPERPARELLAS. DESAFÍO Nº 1
Por fin, rapaces! Hoxe bota a andar o noso Gran Xogo!
Aquí está o primeiro desafío e vai de mates.
Ten dúas partes, seredes quen de resolvelas?
A sumar puntos Superparellas!!!
O prazo para superar o desafío dura ata o 19 de decembro.
Tomádevos o tempo necesario para pensar ben as respostas.
lunes, 26 de noviembre de 2018
GRAN XOGO DAS SUPERPARELLAS
Unha divertida actividade vai comezar no cole!
É un concurso para o alumnado de 5º e 6º, no que teredes que ir superando os desafíos propostos aquí ao longo do curso.
Serán xogos de pensar relacionados con tooodo o que aprendedes na clase.
Seredes quen de superalos?
Animádevos a participar!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









