domingo, 18 de enero de 2026

Primeira semana co Modo Galego Actívao

Un ano máis comezamos co programa "Modo Galego, Actívao!". Aquí vos deixamos unha pequena mostra das actividades desta semana

O mundo en familia: 5º B investiga novos destinos e linguas 

O MUNDO EN FAMILIA: 5º B INVESTIGA NOVOS DESTINOS E LINGUAS

Esta fin de semana, o alumnado de 5º B realizou un reto moi especial nas súas casas. Seguindo a proposta de Andy, imaxinaron que eran sementes de bidueiro que podían viaxar a calquera lugar do planeta.

O obxectivo era que cada neno e nena acordara coa súa familia un destino ao que lles gustaría viaxar e explicaran os motivos da súa elección. Ademais, tiveron que investigar que linguas se falan nese lugar para despois compartilo con todos nós. O luns puxemos en común todas estas viaxes e descubrimos a riqueza lingüística do noso mapa.

  

DE BIDUÍDO A LETONIA: 4º D ENGALA O SEU PASAPORTE LINGÜÍSTICO 

Nesta aventura, viaxamos ata Letonia da man dunha compañeira que leva este país no corazón, xa que o seu pai e a súa avoa son de alí. Grazas á súa historia, en 4º D non só descubrimos lugares novos, senón que aprendemos a importancia de coñecer as linguas e raíces que nos fan únicos. 

O MILLADOIRO PONSE A BAILAR! 4ºD DÁLLE RITMO AO REGO DA ANDORIÑA 

O alumnado de 4º D tomou as rendas do Reto 4 cunha enerxía especial. Nesta ocasión, a misión era crear unha banda sonora para un lugar moi próximo ao noso corazón. Como ben din os protagonistas: "Hoxe tócalle a Biduído e como somos do Milladoiro é a nosa parroquia". 


 

DE AMES AO FIN DO MUNDO: 6º D EXPLORA NOVOS HORIZONTES E LINGUAS


 Alejandro - Hungría

Laura - Austria

Lara - Bélxica 

Tiago - Dinamarca 

María - España 


 Gael - Finlandia 

Ivana - Eslovaquia 

 

Adrián S. - Lituania 

Pablo - Grecia  

Mathías - Eslovenia 

Nayara - Chipre 


Olga - Estonia 

Tiago V. - Polonia 

Juan - Irlanda 

Valentina - Romanía 

 

Sara - Italia 

Vera - Croacia 

 

Diana - Alemaña 

Alejandro J - Luxemburgo 

Manuel - Letonia 

SEMENTES DE 1º A: UNHA VIAXE CHEA DE PALABRAS E SABORES 

En 1º A estamos moi emocionados co novo reto. Esta fin de semana, convertémonos en sementes de bidueiro para buscar un lugar do mundo que nos guste moito.

A misión é sinxela pero moi divertida: decidir a onde nos gustaría viaxar, descubrir que lingua falan alí e, o máis importante... cal é a súa comida típica!

1º A ESTREA A "ORQUESTRA DA ANDORIÑA" 

O alumnado de 1º A prepara o concerto máis salvaxe de Ames. No seu novo reto do Modo Galego, converteranse en expertos en fauna para crear a banda sonora do Rego da Andoriña.

Desde "croacs" de ras ata o ritmo de cunchas e culleres, os pequenos e pequenas interpretarán xuntos os sons de animais reais ou inventados. Cun pouco de imaxinación e moito galego, 1º A demostrará que a nosa natureza ten moito ritmo. Afinen os oídos que comeza a función!

 

O TEMPO VÓLVESE TOLO EN 1º A

O alumnado de 1º A acaba de despedir aos homes e mulleres do tempo da tele para poñerse eles ao mando. No novo reto do Modo Galego, convertéronse en meteorólogos expertos para inventar o prognóstico máis disparatado para este sábado.

Nada de nubes e claros: en 1º A espéranse treboadas de apertas, ballóns de piruletas e ventos máxicos que mandan as guerras moi lonxe. Con este parte meteorolóxico tan especial, os pequenos e pequenas demostran que, en galego, ata o ceo pode ser como eles queiran. Preparemos os paraugas, que en 1º A vai chover diversión!

 

 

ATRACO NA FROITERÍA DE 1º A! 

O alumnado de 1º A acaba de poñer patas arriba a froitería co seu novo reto do Modo Galego. Esta vez, a misión consistiu en traer froita da casa, pero con truco: ¡había que cambiaR o nome e inventarlle un superpoder!

Desde "laranxas-imaxinadoras" ata "plátanos-voadores", os pequenos e pequenas demostraron que en galego a imaxinación non ten límites. Está claro que nesta clase o galego alimenta e divirte a partes iguais!


1º A ACTIVA O SEU "MODO GALEGO" 

O alumnado de 1º A iniciou con entusiasmo o programa Modo Galego Actívao. Nunha xornada chea de cor e compromiso, os pequenos e pequenas asinaron o seu pacto lingüístico, decididos a converter o galego na lingua protagonista dos seus xogos e conversas.

Con este paso, a clase comprométese a darlle un pulo ao noso idioma tanto dentro como fóra da aula. O vídeo amosa o momento da firma, onde cada neno e nena deixou a súa pegada para demostrar que, en 1º A, falar galego é todo un superpoder.

  

OS PAXARIÑOS DE 1º C AFINAN A VOZ NO REGO DA ANDORIÑA!

O alumnado de 1º C acaba de converterse nunha orquestra de natureza! Para superar o Reto 4, estes pequenos e pequenas artistas buscaron a música que soa no Rego da Andoriña. Entre chío e chío, e co ruído da auga de fondo, os nenos e nenas puxéronlle unha banda sonora chea de maxia ao noso concello. O seu "Modo Galego" soa de marabilla e demostraron que, aínda que son pequenos, teñen un oído musical de xigantes. ¡Bravo, artistas! 

 

 5º B DÁLLE AO "PLAY"! O REGO DA ANDORIÑA XA TEN O SEU HIT

O alumnado de 5º B sacou o seu lado máis artístico para superar o Reto 4 con moito ritmo. A misión era converterse en compositores e DJs para poñerlle banda sonora ao Rego da Andoriña. Entre notas musicais e o murmurio da auga, os escolares crearon unha sintonía perfecta que une a natureza de Ames co noso idioma. O "Modo Galego" de 5º B soa mellor que nunca e xa é o número 1 na lista de éxitos do cole. ¡Música, lingua e acción! 

 

 NIN UNHA GOTA DE ERRO! 5º B CLAVA A PREDICIÓN DO TEMPO DO RETO 3.

O equipo de 5º B transformouse nunha auténtica redacción de noticias meteorolóxicas para superar o Reto 3. A súa misión foi elaborar a predición do tempo para as distintas parroquias de Ames, demostrando que dominan o vocabulario de nubes e claros coma ninguén. Entre ballóns e chuvascos, os escolares "molláronse" pola lingua e deixaron claro que, faga sol ou chova, o seu Modo Galego sempre está activado e a proba de treboadas. ¡Obxectivo cumprido e mapa despexado! 

 

OBXECTIVO AMEIXENDA! 5º B ACTIVA O SEU MODO MÁIS DOCE

 O alumnado de 5º B acaba de completar o segundo desafío de "Modo Galego", viaxando coa imaxinación ata a parroquia de Ameixenda. Nesta misión, os rapaces e rapazas descubriron que o nome deste lugar garda unha estreita relación coas ameixeiras e as súas ricas froitas. Entre risas e palabras novas como "cirolas" ou "claudias", o grupo investigou a toponimia de Ames e a importancia de consumir produtos da terra, demostrando que o seu galego está tan san e forte como unha boa merenda de froita. ¡O mapa de retos xa ten un novo adhesivo e a clase xa apunta cara ao seguinte obxectivo!


 

A BANDA SONORA DA ANDORIÑA 

Nesta volta, o Reto 4 levounos ata a beira do Rego da Andoriña, pero non fomos de paseo, fomos facer música! Baixo a batuta do profe de música, a clase de 6º D converteuse nunha orquestra de animais moi especial. 

 


O PACTO DE 5ºB: PALABRA DE GALEGO!

Pensabades que o galego estaba pasado de moda? Pois en 5º B veñen demostrar que o que mola é darlle á lingua. Neste primeiro día a clase enteira asina un pacto para falar con máis xeito. Aquí non valen escusas: palabra dada, palabra sagrada. ¡Atentos a este grupo, que veñen coa lingua moi ben afiada!" 

 4ºD: MÁIS ENERXÍA CA UN FURACÁN!

Preparados para o despegue... ¡e para a chuvia! A tropa de 4º D chega ao Reto 3 decidida a quitarlle o posto aos da televisión. Con máis enerxía que un furacán e máis retranca que un domingo de feira, presentan unha información meteorolóxica que vos vai deixar pampos. Aquí non hai nubes negras, só ganas de aprender e moita vitamina de 4º D. ¡Pasen e vexan como escampa o talento!" 


 TORMENTA DE TALENTO EN 6º D. CHEGA O RETO 3!!

Din que nunca choveu que non escampara, pero o que está a piques de caer en 6º D é unha tormenta de talento. No seu Reto 3, os alumnos presentan a predición meteorolóxica máis auténtica da zona. Entre nubes e claros, demostran que para entender o tempo de Galicia non fai falta ser científico, abonda con ter sangue de 6º D nas veas. ¡Atentos ao mapa! 

  

RETO 2: 4º D DÁLLE AO DENTE!!

Din que quen ten un amigo ten un tesouro, pero en 4º D teñen algo mellor: unha macedonia enteira! Neste Reto 2, os alumnos deixan as lambonadas para demostrar que, á hora de falar de froitas, ninguén lles gaña en xeito nin en vitaminas. Pasen e vexan, porque estes rapaces... Son a pera!


CARGANDO... RETO 1 COMPLETADO CON ÉXITO POR 4º D. O FUTURO FÁLASE EN GALEGO!

O reto de hoxe consistía en coñecer un pouco mellor a parroquia de Agrón. Alá fomos voando e plantámonos na Ponte Maceira, coa nosa folla de carballo e sen esquecer o noso compromiso lingüístico. Que lugar máis fermoso!

 

MACEDONIA DE FROITAS EN 6º D (Reto 2)

Velaquí presentamos os traballos sobre as froitas dos nenos e nenas de 6º D. Vaia froitas máis interesantes nos achegaron! Parabéns!

 Manuel

 Adrián

 Alejandro

Diana

 
Esteban
 

 Noah
 

 Gael
 

 Ivana
 

 Lara
 

 Laura
 

 Lorena
 

 María
 

 Nayara
 

Olga
 

Pablo
 

 Mathías
 

Juan
 

 Sara
 

Valentina
 

Vera
 

 Thiago

1º A COMEZA CO MODO GALEGO

6ºD COMEZA CO MODO GALEGO