domingo, 15 de marzo de 2026

Primicia mundial na biblioteca! Celia e Nira presentan: "Tin descubre á súa irmá Tina"

O pasado venres, 13 de marzo, vivimos un momento histórico na nosa biblioteca. Non recibimos un libro calquera, senón que tivemos a estrea absoluta dunha obra saída directamente das mentes brillantes de Celia e Nira, de 3º B.

Estas dúas artistas non só leron, senón que inventaron e escribiron o seu propio conto titulado "Tin descubre á súa irmá Tina". Cunha mestura de talento, imaxinación e moitísimo agarimo, contáronnos como as nosas mascotas se converteron en familia. ¡Casi nada! O resto de mortais aínda estamos abraiados coa súa capacidade para crear historias tan bonitas.

A lectura foi todo un éxito e as autoras estiveron de dez. Iso si, corre o rumos polos corredores de que estas rapazas son tan rápidas escribindo e creando que, se te descoidas, as súas ideas escapan a toda présa... ¡case como se tivesen patiñas e camiñasen de lado como un cangrexo fuxindo cara á beira do mar! 🦀😉

Non perdades o vídeo desta presentación literaria de luxo; as futuras estrelas da literatura están en 3º B:

Moitas grazas, Celia e Nira, por agasallarnos con este conto tan especial e por darlle vida á historia de Tin e Tina. ¡Sodes unhas artistas de pés a cabeza!