domingo, 15 de marzo de 2026

Un mércores moi saudable na biblioteca: "Tripitas" con Luis

O pasado mércores, 11 de marzo, a nosa biblioteca escolar volveu ser o escenario dunha historia moi especial. Nesta ocasión, o protagonismo foi para Luis, de 2º B, que se achegou ata o noso recuncho de lectura para compartir un conto moi curioso e divertido.

Luis leunos o libro "Tripitas". Cunha narración moi amena, axudounos a entender un pouquiño mellor como funciona o noso corpo por dentro e a importancia de coidarnos. Foi un momento de aprendizaxe moi entretido no que todos os asistentes desfrutamos da súa lectura.

Podedes ver o vídeo de Luis en plena acción na biblioteca premendo na seguinte ligazón:

Moitas grazas, Luis, por compartir este conto con todos nós e por facelo tan ben!