domingo, 8 de marzo de 2026

Unha viaxe chea de recordos en 2º B: "A viaxe do bisavó"

O pasado xoves, 5 de marzo, a nosa semana de contacontos continuou cunha historia que nos tocou o corazón. As encargadas de guiarnos nesta travesía foron Sofía e Olivia, de 2º B.

Presentáronnos o libro "A viaxe do bisavó", de Marta Farias. Cunha lectura pausada e chea de agarimo, Sofía e Olivia faláronnos da emigración, da memoria e das raíces que nos unen ás nosas familias, sen importar a distancia. Foi un momento de moita calma e reflexión para toda a clase.

Premede no vídeo de abaixo para acompañar a Sofía e Olivia nesta viaxe tan especial a través das palabras:

Moitas grazas, Sofía e Olivia, por traernos este conto tan fermoso e por facernos viaxe coa vosa voz!