O pasado xoves, 9 de abril, a nosa biblioteca recibiu unha visita moi especial para enchernos de luz e cor. Pablo e Valeria, de 3º E e 3º D, foron os encargados de protagonizar a sesión de contacontos coa divertida historia de "Los disfraces del sol".
Cunha lectura coordinada e chea de enerxía, Pablo e Valeria fóronnos contando que acontece cando o sol decide que quere probar novos estilos e "disfrazarse". Foi unha narración chea de imaxinación que espertou a curiosidade de todos os nenos e nenas, demostrando que os compañeiros de terceiro xa son uns auténticos mestres da lectura en voz alta.
Grazas a esta parella de contacontos, viaxamos por un ceo cheo de fantasía e descubrimos as mil caras do noso astro rei.
Queredes ver como brilla o sol na nosa biblioteca? Aquí tendes o vídeo da lectura de Pablo e Valeria:
Moitas grazas, Pablo e Valeria, pola vosa estupenda colaboración e por traernos esta historia tan luminosa!