O pasado mércores, 28 de maio, os nosos recreos literarios volveron a encherse de nostalxia e diversión. Nesta ocasión, a biblioteca contou coa presenza de Alexia, de 2º B, que repetiu no noso escenario para achegarnos as aventuras dun dos personaxes máis coñecidos da literatura infantil co libro "Teo en la escuela".
Cunha lectura moi fluída, clara e chea de soltura, Alexia foiles amosando aos seus compañeiros e compañeiras as peripecias de Teo no seu día a día no colexio: as súas clases, os xogos no patio e as divertidas rutinas que comparte cos seus amigos. Ao ser unha historia tan próxima e visual, a nosa lectora de segundo logrou que todo o público estivese súper atento, identificándose coas historias do propio Teo.
Dá gusto ver a seguridade e o entusiasmo co que Alexia comparte as súas lecturas na biblioteca!
Queres lembrar ti tamén as primeiras aventuras de Teo no cole? Non te perdas o vídeo da fantástica lectura que nos ofreceu Alexia:
Moitas grazas, Alexia, por agasallarnos con este momento tan entretido e por ler tan sumamente ben. ¡Es unha auténtica artista da lectura!